[Date Prev][Date Next][Thread Prev][Thread Next][Date Index][Thread Index]
[aymara] fw:La intifada boliviana
He aquí un articulo del año pasado
sobre las movilizaciones sociales
que sacudieron Bolivia. No parece
requerir traduccion al español
pues la lengua hermana es bastante
inteligible.
Otra vez el Mallku en la escenografia
de las horas dificiles. Hombre de
poses barrocas.
=============================
A "INTIFADA" BOLIVIANA
Por Lino Pellitero (Canal Mundo, 03/10/2000)
http://www.igadi.org/artigos/a_intifada_boliviana.htm
Nas últimas dúas semanas o foco da actualidade informativa de América Latina
iluminaba sobre o Perú. Moi preto, Bolivia permanecía na máis absoluta
sombra, mentres contaba e choraba a decena de mortos que consecutivamente
foron caendo pola contundente actuación das forzas de seguridade. Cocaleros,
mestres e labregos bloqueaban vías de comunicación en demanda de diversas
reivindicacións que teñen derivado en violentos e sanguentos conflictos.
O líder indíxena Felipe Quispe, "O Mallku", entrou coa mirada perdida na
reunión do domingo na que estaban presentes o ministro da Presidencia Walter
Guiteras, o de traballo Luís Vázquez, o de desenvolvemento económico José
Luís Lupo, e o de agricultura Osvaldo Antezana. Os seus ollos translucían a
indignación que as súas palabras non podían disimular. Antes de abandonar a
sala de negociacións manifestou: "Quero preguntarlle aos señores ministros
¿que crime temos cometido?, ¿Que delito temos feito para sermos
masacrados?.. agora temos viúvas e fillos orfos. ¡Asasinos! ¿Por que matan
aos meus irmáns aimaras e quechuas. ¿Estabamos armados nos?
O último episodio desta permanente vaga de protestas sociais en demanda
dunha mínima dignidade para poder subsistir ou dunha raiola de esperanza no
futuro, rematou o sábado cun novo morto a 20 Km da cidade de Cochabamba.
Centos de labregos tiñan tomado a ponte sobre o río Cora, de estratéxica
importancia para as comunicacións con La Paz e con Oruro. Os seus paos,
tirapedras pouco puideron facer diante dos 1500 uniformados que, fortemente
equipados, desaloxaron nunha pugna de desigual violencia aos labrego, non
sen consecutivas ofensivas e contraofensivas nas que finalmente os militares
empregaron armas de fogo e deron morte a un mozo de 25 anos, que facía o
número de víctima 10. En só 15 días tamén se rexistraron outros 127 feridos.
Dende o axitado abril, Hugo Banzer non voltara a caer na tentación de
empregar a cega forza do exército para esmagar as protestas sociais e tentar
manter inflexiblemente as determinacións gobernamentais. De novo ten que
recuar, voltar ao repudiado diálogo e outra volta ten que negociar cos
insurrectos. O difícil papel mediador correspóndelle, arestora, a tres
respectables membros de prestixiosas institucións: A Valedora do Pobo, Ana
Mª Romero de Campero; o representante da organización El Alto en defensa dos
dereitos Humanos Marcelo Viruez e ao representante da igrexa Monseñor Jesús
Juárez.
As conciliadoras e esperanzadoras palabras de Monseñor Juárez pronto se
viron atravesadas polos tensos reproches do "Mallku". "Non vou baixar os
pantalóns nin axeonllarme diante de vostedes...se queren matarme coma a
Tupac Katari, fágano cos seus helicópteros, cos seus carros de combate...".
Erguéndose da mesa, deu por rachadas as conversas, preso pola rabia de ver
como a matanza se cebou de novo nos mesmos aos que sistematicamente golpea a
pobreza.
Non obstante, se cesa a contundencia policial e repousan os ánimos, existen
datos para un moderado optimismo.
O goberno móstrase agora disposto a ceder á pretensión dos labregos de
anular a polémica Lei de augas e ofrece proxectos de desenvolvemento e
investimento na zona do altiplano paceño, anque non se manifestou sobre as
demandas de indemnización ás familias das víctimas.
Cos cocaleros está ceder, desistindo de construír os tres cuarteis
proxectados para o Chaparé. Tamén está disposto a dotar de auga á Vila de
Tunari a crear complexos industriais na zona, a estudiar a creación dunha
universidade na rexión cocalera, pero non acepta que cada labrego poida
cultivar un "cato" de folla de coca, é dicir, un tercio de hectárea. Os
compromisos cos EEUU non deixar marxe para manobrar.
Mais preto do acordo están as negociación cos mestres. Se imparten 200 días
lectivos anuais, poden recibir un bono de 300 bolivianos por ano, uns 50
dólares, nos próximos catros anos previa avaliación profesional.
Quizais os conflictos do momento estean en vías de solución, pero pronto
aboiarán outros novos. Dende o proceso de liberalización acelerado encetado
en 1985, a miseria atrapa a tal volume de bolivianos que non é aventurado
prognosticar que novos conflictos tomaran o relevo.
_____________________________________________
Lista de discusión Aymara
http://aymara.org/lista/lista.html
_____________________________________________